Motel Valkirias
Motel Valquirias | |
---|---|
Xénero | Suspense |
Creado por | Ghaleb Jaber Martínez |
Escrito por | Ghaleb Jaber Martínez, Alba Araujo, Raquel Arias, Patrícia Müller, Manuel Gancedo, Manuel Darriba |
Dirixido por | Ghaleb Jaber Martínez, Jorge Queiroga, Álex Sampayo |
Intérpretes | María Mera, Marina Mota, Maria João Bastos, Chechu Salgado, Miro Magariños, Alba Loureiro, Tomás Alves, Rui Morisson, Manuel Gancedo, Miguel Santiago, Jorge Vaz Gomes, Machi Salgado, Francisco Monteiro Lopes, Miguel Borines, Gabriela Relvas, Miguel Bogalho, Amelia Guede |
Lingua(s) | Galego e Portugués |
Temporadas | 1 |
Episodios | 8 |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Ghaleb Jaber Martínez, Jose Amaral, Xosé Arias |
Produtor(es) | CTV, SPi |
Duración | 50 min |
Distribuidor | CRTVG, RTP |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | TVG e RTP |
Primeiro episodio | 27 de febreiro de 2023 na RTP e 6 de marzo de 2023 na TVG |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Motel Valkirias é unha serie de televisión portuguesa-galega creada por Ghaleb Jaber Martínez para as cadeas públicas RTP1 (de Portugal) e TVG (de Galicia). Está protagonizada por Maria João Bastos, María Mera e Marina Mota. Estreouse en Portugal na RTP1 o 27 de febreiro de 2023, e despois chegou o 1 de marzo de 2023 a HBO Max en toda España, para despois estrearse o 6 de marzo de 2023 exclusivamente na TVG en Galicia.
Este western fronteirizo contou co apoio da Agadic, da Xunta de Galicia, de PIC Portugal, de Turismo de Portugal e a colaboración da Deputación de Ourense e da Cámara Municipal de Montalegre.[1]
Trama
[editar | editar a fonte]As vidas de tres mulleres con grandes problemas persoais e económicos crúzanse de maneira fortuíta cando coñecen a Eligio (Miro Magariños), un cliente que transporta unha mercadoría valiosa. Así é como Lucía (María Mera), unha nai que foxe do seu exmarido, Eva (Maria João Bastos), unha actriz en declive e Carolina (Marina Mota), a dona do motel en bancarrota, únense nun plan que consiste en atopar o misterioso botín de Eligio. O que non saben estas tres mulleres é que a súa vida corre perigo porque a mercadoría pertence a unha perigosa banda dedicada ao branqueo de diñeiro: os Mendoza. Un clan que non dubida en ir tras elas para recuperar o que é seu, custe o que custe.[2]
Elenco
[editar | editar a fonte]- Maria João Bastos como Eva Santana
- María Mera como Lucía Veiga
- Marina Mota como Carolina Carneiro
Produción
[editar | editar a fonte]A rodaxe de Motel Valkirias comezou no municipio galego de Teo en xaneiro de 2022.[3] Outros puntos de rodaxe incluíron lugares das provincias de Ourense e A Coruña, así como Santiago de Compostela e a localidade portuguesa de Montalegre.[4]
Lanzamento
[editar | editar a fonte]O 17 de febreiro de 2023, a RTP anunciou que Motel Valkirias se estrearía en Portugal en RTP1 e RTP Play o 27 de febreiro de 2023.[5] O 20 de febreiro de 2023, confirmouse que a serie chegaría a HBO Max en toda España o 1 de marzo de 2023, antes da súa estrea en TVG o 6 de marzo de 2023.[6][7]
Nº | Título | Dirixido por | Escrito por | Data de estrea en Portugal | Data de estrea en Galicia |
---|---|---|---|---|---|
1 | Capítulo 1 | Alex Sampayo e Jorge Queiroga | Raquel Arias, Alba Araújo, José Manuel Gancedo, Patricia Müller e Ghaleb Jaber | 27 de febreiro de 2023 | 6 de marzo de 2023 |
2 | Capítulo 2 | Alex Sampayo e Jorge Queiroga | Raquel Arias, Alba Araújo, José Manuel Gancedo, Patricia Müller e Ghaleb Jaber | 6 de marzo de 2023 | 13 de marzo de 2023 |
3 | Capítulo 3 | Alex Sampayo e Jorge Queiroga | Raquel Arias, Alba Araújo, José Manuel Gancedo, Patricia Müller e Ghaleb Jaber | 13 de marzo de 2023 | 20 de marzo de 2023 |
4 | Capítulo 4 | Alex Sampayo e Jorge Queiroga | Raquel Arias, Alba Araújo, Patricia Mülle re Ghaleb Jaber | 20 de marzo de 2023 | 27 de marzo de 2023 |
5 | Capítulo 5 | Alex Sampayo e Jorge Queiroga | Raquel Arias, Alba Araújo, Patricia Mülle re Ghaleb Jaber | 27 de marzo de 2023 | 7 de abril de 2023 |
6 | Capítulo 6 | Alex Sampayo e Jorge Queiroga | Raquel Arias, Alba Araújo, Patricia Mülle re Ghaleb Jaber | 3 de abril de 2023 | 10 de abril de 2023 |
7 | Capítulo 7 | Alex Sampayo e Jorge Queiroga | Raquel Arias, Alba Araújo, Patricia Mülle re Ghaleb Jaber | 10 de abril de 2023 | 17 de abril de 2023 |
8 | Capítulo 8 | Alex Sampayo e Jorge Queiroga | Raquel Arias, Alba Araújo, Patricia Mülle re Ghaleb Jaber | 17 de abril de 2023 | 24 de abril de 2023 |
En HBO MAX España os capítulos estreábanse 5 días antes que na TVG.
Capítulos[8]
[editar | editar a fonte]- 1. Carolina, Eva e Lucía chocan nun motel á beira da estrada na fronteira portuguesa. As tres acaban no cuarto de Elixio, un cliente que manexa moitos cartos, e que podería ser a solución a todos os seus problemas.
- 2. Lucía e Eva enterran o cadáver de Elixio, mentres que Carolina se libra das probas do crime. Carolina sabe que Eligio transportaba algo moi valioso e Lucía insiste en buscar a mercadoría pola vila.
- 3. O axente Salgado chega a Portugal para investigar a morte de Elixio en colaboración cos seus homólogos portugueses. O primeiro que fai é rastrexar o cuarto do motel Valkirias onde se hospedou a vítima.
- 4. Sen camión e sen probas do crime, os problemas remataron para Eva, Carolina e Lucía. As mulleres regresan ás súas vidas comúns: Eva vai a un casting para unha nova película e Carolina recibe potenciais compradores para o motel.
- 5. Luís Castro segue a única pista que lle deu Telmo e secuestra a Carolina co obxectivo de descubrir quen está detrás da morte de Elixio e descubrir o paradoiro do camión. Por desgraza, Eva tamén cae nas redes de Luís Castro.
- 6. Carolina, Eva e Lucía únense a Luís Castro no seu plan para seguir os pasos de Elixio antes da súa morte. Os catro están convencidos de que a vítima ocultaba algo máis que un camión cargado de cervexas.
- 7. No motel, Carolina, Eva e Lucía preparan o aniversario de Alicia sen saber que Raúl está a piques de chegar á cidade. Eva é presionada polo seu representante para falar nun programa de máxima audiencia sobre a filtración das súas fotos.
- 8. As tres mulleres deciden separar os seus camiños e volver ás súas vidas anteriores ante o inminente peche do motel. Pero os seus camiños vólvense cruzar cando Lucía e Eva son atrapadas en contra da súa vontade.
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio Europeo Circom, 2023, en Donostia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "'Motel Valkirias' galardoada co 'Premio Europeo Circom' en San Sebastián". Galicia Confidencial. Consultado o 2023-06-03.
- ↑ "Motel Valkirias (Serie de TV)". Consultado o 27 de febrero de 2023.
- ↑ "El Hotel Congreso de Teo, transformado en el «Motel Valkirias» para rodar una serie de ficción". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-01-19. Consultado o 2023-04-06.
- ↑ Castro, Tomás (2023-01-19). "Comienza el rodaje de "Motel Valkirias", en la que participan Televisión de Galicia y RTP". mundoplus.tv (en castelán). Consultado o 2023-04-06.
- ↑ "Motel Valkirias estreia dia 27 de fevereiro na RTP1 e RTP Play". Consultado o 2023-04-06.
- ↑ Lede, Adrián (20 de febrero de 2023). "La serie gallega 'Motel Valkirias' se estrena el 1 de marzo en HBO MAX". Consultado o 27 de febreiro de 2023.
- ↑ Ñ, createRedacción Cine con (2023-02-27). "Tráiler de 'Motel Valkirias', el "wéstern fronterizo" entre Galicia y Portugal que estrena HBO Max" (en castelán). Consultado o 2023-04-06.
- ↑ "Ver Motel Valkirias". hbomax.com.